lunes, 9 de mayo de 2022

LUNS

Comezamos o día con Mates. Cálculo mental para poñer la libreta. Un problema no libriño fotocopiado e no 2.3 aprendimos/repasamos a proba da resta. Para saber se nos vai ben unha resta. Hoxe levaron deberes de mate. Aprender as táboas do 0,1,2 e 10... A maioría xa as saben así non era moito traballo. 

Nico púxonos dez números para descompoñer. 

En Lingua comprobamos quen trouxo unha idea para facer un cómic feito por todas as clases do cole: Marcos, Teo, Ada e Carmen S. fixeron o proposto. Votaron e gañou a idea de Teo. Por equipos fixeron a idea gañadora e rematarémola mañá. 
Despois do recreo Mateo F. foi bibliotecario e tachou os libros devoltos, devolveu os carnés e tomou nota dos que levaron. 
En Ciencias Naturais continuamos a repasar o tema 5 da forza, materia e son facendo algún experimento, poñendo as frechas de vectores da forza. Tamén tiñan algo para mañá. 
En valores puxemos nome ás persolidades e caras das protagonistas da película Red. Con quen se identifican...
A última hora fixemos asamblea e continuamos có libro de Lingua. 

 

1 comentario:

  1. Menuda pizarra da asamblea, tiñan cousas que contar.
    Pois nós estamos enterando que Camila non conta as tarefas que ten que facer ainda que de Florencio sabe varias cousas ☺️

    ResponderEliminar