martes, 31 de mayo de 2022

MARTES

 Hoxe comezamos expoñendo os traballiños do mellor traballo do mundo que faltaban ( era o último día para facelo). Despois repasamos os tempos verbais cun exercicio na libreta. Máis tarde continuamos có libro coa páxina do H. Tamén leron un ditado que pode ser o que nun futuro entre nunha proba. Está no libro de texto. Finalmente repasamos o Ovo de palabras cunha proposta: Preguntarialles a tod@s unha palabra. Podería ter H ou non.... Se non había máis de tres erros poderían elexir algo divertido entre tod@s.... Houbo catro erros... Estes días haberá máis oportunidades.

@s que falaron onte en Lengua na asamblea. 


Nico foi bibliotecario e colleron libro para ler en casa. 
En Mate traballamos moito: simetría múltiple, ordear de menor a maior, sumas e restas levando,...

Moi ben Carmen!!!

Reloxos e problemas relacionados con eles...
E para rematar un Bingo. Carmen o fixo excelente!!! Cantando os números alto e claro, decíndoos rápido pero sen présa, captando a atención dos nenos e nenas!!! Traballazo!!!
Nico cantou liña e Ada Bingo!!! Noraboa!!!

Despois avanzamos no libro de Ciencias Sociais. Miramos que era o máis importante para a proba que teremos... 


No hay comentarios:

Publicar un comentario