miércoles, 11 de mayo de 2022

MARTES

Antes de ir a Infantil de novo para cantar Pakolas, fixemos algún exercicio na pizarra dixital. Repasando as esdrúxulas. 
Saíu xenial o baile!!! Hoxe fomos profes de baile de infantil, de 1° e de 5°... Se nos acumula o choio!!! Mañá o seremos do outro 1° tamén!!! 
Cando chegamos á aula fixemos unha viñeta sobre a vida de Florencio. 
Faremos un cómic entre todo o colexio. 
En Mate repasamos o litro, kilo, medio, cuarto... Haberá que repasalo máis!!!


Carmen nos puxo un exercicio de escribir con letra seis números. 
Ahí está preparado o buscapistas de mañá!! Sorte!!

Noa presentounos outro experimento relacionado coa forza de rozamento!! Xenial!! Fixemos varias probas!!! Nunha mesa, nun plano inclinado...

Tamén por equipos fixeron a palabra que escolleron como a máis fermosa en galego: AGASALLO. 

E a decoraron!!! Queda que voten cal lles gustou máis, plastificala e poñela vías demais!!

 
 E ao final tocou recoller que había moito papel no chan. Bravo rapaces e rapazas!!!

2 comentarios:

  1. Traballan, recollen e disfrutan, que mais se pode pedir 👏🏻👏🏻👏🏻

    ResponderEliminar
  2. E un gustazo!!!!!!!!!! Xa queda pouco !!!!!!!!!!!!! Como os vou a botar de menos!!

    ResponderEliminar