martes, 10 de mayo de 2022

MARTES

Hoxe comezamos o día visitando aos nenos e nenas de infantil. Ensinámoslles o Rock da roda rota de Pakolas. Fixémolo dúas veces. Á primeira debían pensar que estabamos a facer alí... pero da segunda xa participaron máis... Mañá repetiremos!!! Despois continuamos no libro co tema 10 e as palabras polisémicas. 


Despois do recreo en Ciencias Naturais fixemos os experimentos que traían preparados da forza de rozamento. Xenial Nico, Carmen S, Dani,...

En Mates traballamos moitísimo. Repasam6as táboas do 0,1,2,10. Fixemos dous problemas do libriño fotocopiado, solucionamos algunha multiplicación do libriño 2.3,... Noa nos puxo un reloxo e uns números para poñer o anterior e posterior, tamén fixemos unha simetría e varios debuxos ...

Moi ben Noa!!! Boa profe!!!

 

2 comentarios:

  1. Seguro que os de infantil lles gustou moito ese baile, e Camila non levou ningún experimento porque non dixo nada, habera que conversar con ela que creo que xa está en modo vacacions ☺️

    ResponderEliminar