martes, 19 de mayo de 2020

LECTURA EN GALEGO / MISIÓN DA B E DA V

Ola amigolos!
Hoxe, unha lectura curta en galego, con preguntas, e logo, un xogo-misión deseñado pola profe Eva de AL: misión da b e da v.

 A Marta encántalle pasar as horas diante do ordenador.Ve películas, debuxos, navega por Internet e fala cos seus amigos. Os seus pais din que debe pasar menos tempo co ordenador e saír máis a xogar fora, pero ela nunca fai caso e segue na súa habitación. Un día a conexión a Internet avariouse e Marta aburríase moito. Estaba tan desesperada sen saber que facer ,  que comezou a brincar pola súa casa mentres berraba: necesito Internet!

1-Que lle gusta a Marta?
2-Onde está o ordenador?
3-Que din os seus pais?
4-Que fixo cando quedou sen Internet?
5-Que cousas divertidas pódense facer sen Internet?
6-Coñeces a alguén parecido a Marta?


 O enlace da misión da b e da v:

https://orientaseoane.wordpress.com/2020/05/12/mision-da-b-e-v-preparadxs-para-primaria/

Ata mañá, que xoguedes moito fora!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario