martes, 14 de abril de 2020

Olaaaaaaaaa!

Ola de novooooooo!
Hai alguén ahí? Estades listos para comezar de novo?
"Sí, Pura,   teño moitas ganas..."
"Non ! non quero,hoxe vai bo día..."
Bueeeno, xa sabemos que despois de varios días de vacacións vai costar un pouquiño  máis coller o ritmo; pero imos continuar dando pasiños e os profes estaremos aquí para axudarvos. 

E comezamos cun poema e cun debuxo. Este é dun autor galego que se chama Luís Pimentel.Tes que lelo a modiño e logo contestar as preguntas.


Canción das tres cucharas.

Pra cando M.ª Luisa teña o neno.

Tac, tac, tac
cuchara de pau
cunca de madeira
o meu neno
está na lareira.

Tin, tin, tin
cuchara de prata
cunca do pazo
o meu neno
está no regazo.

Ton, ton, ton
cuchara de ouro
cunca de cristal
o meu neno
é príncipe real.

Pimentel, Luís (1989) Poesía galega (Vigo: Edicións Xerais)

O poema ten tres estrofas, en cada unha fala dunha cuchara diferente e dun son diferente tamén.
 Podes conseguir unha cuchara de pau, e dúas de metal? se tes unha cuchara de prata e outra de ouro, pois fantástico...
Podes conseguir unha cunca de madeira, outra de metal , e outra de cristal? Tamén serve un bol.
 En cada unha terás que facer soar a cuchara que di o poema. Podes lelo outra vez.

1.Teñen diferentes sons ? Cal che gusta máis?

2.No poema hai tres onomatopeas, podes escribir cales son?
3.Cantos nenos hai no poema? Podes imaxinalos según o que di o autor? 
Fai un debuxo de cada un deles e mándamo.

Para lembrar : as onomatopeas son palabras ou grupos de letras que representan un son.

Eso é todo, amiguiños...espero con moita ilusión os vosos debuxos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario