jueves, 2 de abril de 2020

UN CADRO PRECIOSÍSIMO CHEO DE ADXECTIVOS

Bo día, amigolos!

Lembrades cando falamos dos adxectivos?
Son as palabras que acompañan aos nomes para dicir como son ou como están unha persoa, un lugar, un animal ou unha cousa.

Hoxe quero ensinarvos este cadro:

E vou a axudarvos a facer unha descrición del.Imos por pasos:

En primeiro lugar, tes que anotar os nomes ou substantivos que aparecen no cadro facendo unha listaxe, e deixando  un espazo diante de cada un deles, xa que logo buscarás adxectivos para ese nomes, por exemplo: flor blanca.

Cando teñas a listaxe feita, tes que escribir pequenas oracións para comezar a descrición, por exemplo : hai flores blancas nunha xarra pequena.Non esquezas separar as oracións con puntos.E comezar despois o texto con maiúsculas.
Cantas máis oracións escribas co listado anterior, máis completa será a túa descrición.
Tamén podes usar comparacións, que necesitan levar as palabras "como" ou "coma", por exemplo, "as flores blancas son como pingas  de leite".

E cando teñas a descrición feita, podes debuxar o teu propio cadro.
 Outra vez imos por pasos:
Debuxa un cadrado, ao seu lado un rectángulo, e un círculo. Podes debuxar máis de un, é o teu cadro, lémbrao. Eses van ser os recipientes.
Antes de rematar os recipientes, debuxa as polas das flores saíndo deles.
Debuxa flores grandes nelas, ou pequenas...Remata os recipientes con asas, ou alongandoos...
Dalles as cores que te gusten, as flores e os recipientes.
Engádelle ao cadro tooodo o que che apeteza: un marco dourado, unha mesa para por enriba todos os obxectos, un gato que vai tirar con todo...E mándamo, que seguro vai ser marabilloso.

Que teñades un bo día!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario