domingo, 15 de marzo de 2020

BENVID@S Á AULA VIRTUAL.




Agora máis que nunca Aula Virtual. Benvid@s de novo ao blogue que nestas datas vai ter moita relevancia. 
Son moitas as preguntas que temos tod@s nas nosas cabezas. Seguro. Aquí estaremos en todo o tempo que dure esta situación tan atípica, os titores para apoiarvos/ axudarvos/ acompañarvos,... Vaia por delante os nosos correos de contacto:

 Edelmiro.             efer70@gmail.com

Pura.                      katangapura@gmail.com

Jacobo.                  jacoboperez1976@gmail.com

Servirán para contactar con vós de xeito máis personalizado. Para: que nos consultedes dúbidas,  mandarvos exercicios/actividades de reforzo ou ampliación,  que os nenos e nenas de 2º nos manden saúdos que os botaremos de menos,  para que nos enviedes quen queira os traballos dos rapaces e así avalialos,... En definitiva, para que a distancia que nos separa non se note tanto e poidamos ter un contacto fluído, no posible. 
Falando entre nós decidimos repartirnos as áreas/asignaturas pensando en que os dous cursos traballemos os mesmos contidos, non repitamos tarefas, ser máis áxiles na busca de información/actividades,...

Edelmiro.              Ciencias.

Pura.                      Linguas.

Jacobo.                  Matemáticas. 

Así que calqueira nena de 2º A poderá/deberá preguntarlle a Jacobo unha dúbida de matemáticas e calqueira neno de2ºB poderá/deberá preguntarlle a Pura unha dubida de Lingua. 
A partir de mañá luns comezaremos a poñer xa as actividades, páxinas web, enlaces,... que atopamos que poden ser de interese para continuar o traballo que tiñamos nas aulas. 


Bicos mil. Ánimo, forza a apertas para tod@s. 

Collede impulso que comezamos...


segundomola.blogspot.com 

No hay comentarios:

Publicar un comentario