jueves, 19 de marzo de 2020

HOXE NON ESCRIBO, QUE PARA ESO É FESTIVO!

-¿Pasó usted ya por casa?

Hoxe é un día especial, e por iso quero que fagades algo especial: hai unha iniciativa para enviar debuxos do arco da vella ao CIAV, que é o Centro de Interpretación da Torre de Hércules, é dicir, as persoas que reciben aos visitantes do faro máis antigo do mundo, pediron por redes sociais que fagades un debuxo do arco da vella porque queren ¨"empapelar"  a torre de Hécules con eles. 

Papá ou mamá  o fotografiarán  e hai que envialo a esta dirección : torredehercules@coruna.es

En 2º A falamos da lenda da torre a semana pasada, e ademáis está este poema de  Manuel María , que a mín paréceme precioso, para que vos inspire neses debuxos: 

O ARCO DA VELLA
O arco da vella
no ceo subido
co seu colorín
co seu colorido.
 
O arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceo,
 beleza de flores.
 O arco da vella
 no ceo chantado
 co seu colorín,
co seu colorado.
O arco da vella
 é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.
 O arco da vella
 de luz feito é.
 ¡Resulta un milagre
que siga de pé!

Mañá de novo con vosoutros, escribídeme ao e-mail, que me encanta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario