Pura, Edel e Jacobo falamos de facer unha actividade conxunta para este fin de semana. Algo en que poidades traballar linguas, mates e ciencias. Pois ahí vai...
UNHA RECEITA
Podedes escribila na libreta e mandárnola e dicirnos se foi difícil, se che gusta tomala,... Pode ser un entrante, prato principal, postre,... (LINGUA)
Podedes fixarvos nas cantidades que poñedes e descompoñelas. Por exemplo: 150 gr de fariña: 1C+5D... Tamén podedes escribir ese número con letra. Se tendes varias cantidades podedes ordenalas de maior a menor ou ao revés. Ou podedes facer unha suma ou resta desas cantidades. 150 +150= ... Calquiera actividade que se vos ocorra ben feita está. (MATE)
E podedes dicir se é un prato saudable ou non. Se poderiamolo tomar todos os días ou de cando en vez. Podedes introducilo nun menú. (CIENCIAS)
SAÚDOS, MOITOS BICOS, ÁNIMO E FORZA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario